“Tía Manuela: Falabarato en distintos idiomas”. Luís Celeiro

29 Xuño 2023


Fala e fala e repite canto faga falta, fala e fala e non sabe calar (e moito menos, escoitar).
Parece un bardallas ilustrado, un todo poderoso e un ninguén ao mesmo tempo. Anda ben vestido, ben aseado e incorpora na súa fase de presentación un estilo propio das persoas educadas, tal como tiña que ser ou como poida que sexa. Quen é? É un deles, dos que proliferan neste mundo novo, sorprendente e interesante, no que se recoñecen castas, no que se crean e reproducen castas malas.
O dicionario pode axudar a ler o que se di, definindo á casta como grupo que forma unha clase especial e tende a permanecer separado doutros por raza, relixión, ascendencia, cheiro ou estirpe. Eles, os que tanto falan, de que casta serán? Preséntanse armados con altofalantes e non din nada, non se sabe de quen son.
Estenden o ruído e obrigan á cidadanía calar, interpretar e obedecer a quen manda. Todos atentos ao que vou falar! É necesario ter claros os argumentos para deixar fóra de xogo ao
contrincante e a todos os contrincantes, que todos son igualmente inimigos. Á volta da
esquina, na cruz dos camiños, en calquera das televisións e na mesma familia medran os
contrincantes novos, moitos deles aspirantes predilectos.
Os vellos non, os vellos van seguindo o ritmo, alentando aos máis novos para que dialoguen,
para que aprendan, para que desfruten e entendan que o mundo debe ser para todos, sen
diferencias de sexo, sen castas e con igualdade de oportunidades, sexan brancos ou negros,
sexan, migrantes ou emigrantes. O mundo é de todos, é deles, é voso e noso.
El é un falabarato e os outros tamén, andan na política e xa se ve, falan por non calar ou
para agrandar o ruído que impide entender a mensaxe. Son políticos, xornalistas e
intérpretes do teu (do noso) pensamento ao mesmo tempo. Falan lonxe da xente, entre eles
e para eles. Ela, outro tanto do mesmo, igual que sempre, unha falabarata disposta a seguir
ladeando e descuberta pola clac dos socios aplaudidores, que seguen, pouco apouco,
reducindo a marcha e o número.
Algúns queren que o importante na mensaxe sexa a forma e o postín, outros discrepan e
queren contidos, queren falar do seu e no seu idioma, queren agrandar a parroquia e, como
di a Tía Manuela, “para cada, un o seu”.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.