Soledad Felloza recupera as voces e as historias das nosas mulleres este domingo no Pazo de Goiáns

22 Xuño 2023

O programa Mulleres contando no Pazo, impulsado pola Concellería de Cultura de Boiro para reivindicar a óptica feminina da narración oral galega do noso tempo ao tempo que se dinamiza e enriquece o importante papel cultural que xoga o Pazo de Goiáns na súa nova vida, vai continuar este domingo 25 de xuño cun novo espectáculo: O comezo do mundo, con Soledad Felloza. Dará comezo ás 21.00 horas e está enfocado a público adulto. Organiza a Área de Cultura do Concello de Boiro coa colaboración da Deputación da Coruña.

O comezo do mundo é unha narración que nos leva emocionalmente a distintos lugares da nosa terra e que nos propón volver ás lareiras para a escoltar as historias que xa existen e non permitir que esmorezan. É un espectáculo para redescubrir as historias das mulleres elaborado, a lume lento, nas viaxes de Sole polo país preparando o terreo para subir esas mulleres ao escenario “para contar de tempos sen tempo”. Así falan as señoras Lola, Juana, Emérita, Palmira, Otilia, Erundina e tantas outras ao carón da lareira, ao redor da cociña de ferro. Nese altar da memoria que empeza nas súas mans e medra nos seus ollos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.