Sete millóns para o porto de A Pobra. A Xunta redacta un proxecto para ampliar a zona de atracada cara ao interior da dársena

06 Xuño 2023

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, respondeu esta mañá a unha pregunta parlamentaria na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo sobre o proxecto de remodelación do acceso ao peirao comercial da Pobra do Caramiñal e a ampliación da liña de atracada. Alí explicou que o seu departamento ten actualmente en execución o contrato para a redacción deste proxecto por un importe de 87.000 euros.

A proposta prevé conxunta e inicialmente dúas intervencións que interfiren entre si, por unha banda a substitución parcial do inicio do peirao por unha solución permeable e que beneficie a posible rexeneración de bancos marisqueiros próximos -para o que se estudarán diferentes solucións construtivas- e por outra a ampliación da zona de atracada comercial cara ao interior do porto.

A responsable do ente público subliñou que a redacción do proxecto amosa “o compromiso de Portos de Galicia con este porto, a confraría de pescadores e co tráfico comercial”. Porén engadiu que esta actuación debe avaliarse detalladamente “desde o punto de vista da axitación da dársena, da hidrodinámica e das correntes así como das repercusións sobre os bancos marisqueiros e ter a certeza de que o investimento repercute realmente na súa mellora pois existen estudos anteriores que non aportan garantías“. Esta é unha cuestión fundamental tendo en conta que o investimento necesario podería ascender a entre 7 e 10 millóns de euros. Susana Lenguas lembrou que o seu departamento investiu nos últimos meses máis de 1,3 millóns de euros en diversas actuacións para dar resposta ás necesidades dos traballadores que operan no porto da Pobra do Caramiñal. Entre as principais melloras executadas destacou a renovación das instalacións de atracada, a reposición de firmes e pavimentos e a instalación do control de acceso ao peirao comercial, sometido ao código PBIP de seguridade internacional. Ao mesmo tempo, a Consellería do Mar destinou case 100.000 euros a distintas accións para a rexeneración dos bancos marisqueiros da zona.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.