“Sardiñas terciadas, luras cheas e alalás que baixan do souto na noite de San Xoan”. Antón Luaces

24 Xuño 2023

O estraloque presidía novamente a festa das meigas que enchían a noite con recendos e estalos de follas verdes de loureiro.

É a noite de San Xoan, cando a lúa preñada de luz reficte a súa faciana no manancial do Ameneiro. No mar da Arousa ecoan as ondas mainas e os chíos das carrulas amosan a inquedanza dos fillos das gaivotas. O avó trasega licor café para que “baixe” o pan de ovos do obradoiro de Sinda. É a noite de San Xoan, cando as lumaradas certifican o bico consentido, desexado, necesario da parella que fía nas meigas e nas herbas de namorar.

As luras, na percura da lúa, morren na beiramar enganadas polas luces do malecón. Unha gaita esperta nas rochas de Pedra Pateira os soños de Merlín encastelado nos petoutos de Fontán, por onde a proa das dornas escriben poemas que cantan as historias de mariñeiros de bakas e racús, de homes que “van” á mercante mentres outros simplemete van ao mar.

Na lonxa, o movemento normal, con Juan “O Vendedor” cantando as excelencias de peixe que subhasta rodeado de curiosos e interesados por se facer con mellores lotes e gabarse posteriormente do ben que compraron (Juan, do ben que vendeu).  Patiño, desde a atalaia do seu zapato ortopédico tomaba nota e recalcaba que “ ollo do zapateiro é o compás do carpinteiro” cunha gargallada final que poñía remate á quenda.

Noitiña de San Xoan, que serpentea polos camiños de Fafián polos que Lino andou a soñar futuros de radio e contabilidade, nos que Ventura “O Enterrador” xogaba mentalmente a dirixir o tráfico no “cruce” e o can de Pozas quería ser lobo ouveando á lúa. Esta xogaba a ser prata arredor do faro da Ínsua.

Noite máxica, sí, aa que se cantaba “Alma, corazón e vida”, de Los Panchos e ”E15 anos ten o meu amor” porfque daquela non había tablets nen computadoras que impediran a palabra.

O estraloque presidía no manancial a saída da auga en fíos de prata, fresca, e a parella da garda civil puña sombras de orde e concordia? porque o licor café non Sempere é bo conselleiro.

Evangelina quedaba, coma sempre, no patio da lonxa axuntando caixas de madeira do peixe comprado.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.