Sábado con nubes e claros e chuvias cara a noite. Domingo revolto con chuvascos

16 Xuño 2023

O sábado a comarca queda nunha zona intermedia entre o anticiclón situado sobre o Mediterráneo e as borrascas atlánticas. Con esta situación os ceos estarán parcialmente nubrados coa posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional na provincia de Lugo pola tarde e choiva máis frecuente entrando polo oeste durante a madrugada. As temperaturas sufrirán lixeiros descensos. O vento soprará frouxo do noroeste.

O domingo aumenta a inestabilidade, asi agárdanse ceos con intervalos nubrados e chuvascos, localmente treboentos. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos, de compoñente oeste en xeral.

METEOGALICIA

O noso mar: Vento do norte á mañá, do oeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar04:163.4 m
Baixamar10:170.9 m
Preamar16:353.5 m
Baixamar22:480.8 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar04:073.3 m
Baixamar10:090.9 m
Preamar16:263.5 m
Baixamar22:390.9 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar04:123.3 m
Baixamar10:130.9 m
Preamar16:313.5 m
Baixamar22:440.8 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo 6, sol e suba das temperaturas

Durante o domingo, Corpous Christi, Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse néboas matinais no interior e ceos moi abertos no resto con nubes de tipo alto. Na Mariña teremos nubes de estancamento. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...