
Os días 16 e 17 de xuño máis de cuarenta establecementos participarán na Noite Aberta, con grandes descontos. Os establecementos pecharán ás 22:00h.
Debido ó éxito do ano pasado, repetense as animacións na rúa. Asi, a partir do sábado ás 16:00h os nenos e nenas poderán disfrutar dunha xornada de inchables acuáticos e rematará cunha festa da escuma.
Para poder acceder ó inchable acuático xigante situado na rúa de Lugo, os nenos teñen que presentar un ticket dalgún dos establecementos participantes nesta campaña. Os inchables da praza do concello e a festa da escuma son gratuitos e para toda a rapazada.
A presentación tivo lugar esta mañá, nas que están o noso Presidente, Francisco Martínez Gude, o tesoureiro Juan Rey, o secretario Juan Martínez, e o alcade en funcións Manolo Ruíz e o concelleiro Ramón Doval.




