Este venres 9 de xuño preséntase en Rianxo o libro Sombras á deriva do alumnado do Obradoiro de Escrita Creativa 2022, impartido e coordinado polo escritor limiao afincando na nosa comarca Antón Riveiro Coello e impulsado pola AELG e a Goberno local. Será ás 20.30 horas no salón de actos do Auditorio de Rianxo.
Neste evento, as persoas asistentes poderán coñecer ao alumnado que participou neste obradoiro e na mesa está previsto que interveñan Patricia Díaz, Marina Losada, Encarna Pego, Susana Fernández, Noelia Fernández, Paz Fernández, Abel Rodríguez e Carme García. Todas/os estarán presentes para compartir cadanseus traballos e celebrar a publicación deste libro.
Ademais do alumnado do obradoiro, tamén se contará coa presenza de Clodio González da editorial Toxosoutos e o alcalde en funcións de Rianxo, Adolfo Muíños, que amosarán o seu apoio a esta iniciativa cultural.
O programa do evento inclúe igualmente un recitado poético a cargo de María Carrodeguas, quen deleitará aos presentes coa súa poesía, acompañada musicalmente por Antón Riveiro Coello.




