Política Social e CONGALSA comparten na Pobra medidas para incrementar a inserción laboral da mocidade

16 Xuño 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou este venres 16 de xuño a sede na Pobra, no Polígono da Tomada, da empresa CONGALSA, referente galego e estatal no sector da alimentación e dos produtos do mar. A conselleira aproveitou a súa estadía para informar do compromiso do seu departamento autonómico coa inserción laboral da mocidade, a través, principalmente, do programa Xuventude Mentoring. En CONGALSA departiu con destinatarios do programa e, tamén, con mentores.

A conselleira sinalou que a través de Xuventude Mentoring a Xunta apoia á xuventude a integrarse no mercado laboral, a poñerse en contacto co mundo empresarial e resolver as súas dúbidas sobre as súas áreas de especialización. Durante o acto coñeceu a algúns dos mozos e mentores que participaron no programa durante estes anos.

Fabiola García engadiu que “logo do éxito das tres pasadas edicións aprobouse a posta en macha de dúas novas edicións deste programa e tamén o impulso dunha nova modalidade de Xuventude Mentoring na Empresa, co que se promoven estadías de tres meses en empresas para seguir promocionando o contacto co mundo empresarial”.

Pola súa banda, a directora de Relacións Externas de CONGALSA, Isabel Cañas, eloxiou o programa Xuventude Galicia Mentoring pola súa capacidade de “tender pontes entre o tecido empresarial galego e a xuventude” que se incorpora ao mercado laboral. Ao tempo, resaltou a aposta da compañía pola formación continua como un dos seus piares de gobernanza e por incorporar xente nova ao seu cadro de persoal. De feito, tal e como indicou Cañas, “o 40% dos nosos traballadores teñen menos de 35 anos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.