Persoas usuarias de A Creba visitaron a exposición de Novais no Centro Lustres Rivas

09 Xuño 2023

Un total de 25 persoas usuarias da Asociación A Creba visitaron en Ribeira a exposición de pinturas que, baixo o título de Os meus tempos, está a exhibir a artista Novais no Centro Cultural Lustres Rivas.

Alí, baixo a guía do técnico municipal de Cultura Unai González puideron en coñecer en profundidade o contidos dos lenzos, caracterizados polos seus fondos vivos e radiantes, con creacións que se interrelacionan para formar un conxunto rico en matices expresivos, tematicamente equilibrado e visualmente atractivo.

Presentación de Toponimia de Ribeira

Ademais, o Concello lembra que no marco da programación do Xuño da Cultura e as Artes, hoxe venres ás 20 horas está programada a presentación do libro Toponimio de Ribeira, de Fernando Cabeza Quiles.

Ademais do autor, o acto contará coas intervencións do alcalde en funcións Manuel Ruiz, o presidente da Real Academia Galega Víctor F. Freixanes, a presidenta de AGON Luz Méndez, o coordinador do Seminario de Onomástica da RAG Antón Santamaría e o presidente de Aatrigal Carlos H. Fernández Coto.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...