O verán comeza este mércores 21 de xuño ás 16.58 horas

20 Xuño 2023

Na tarde do mércores 21 de xuño, ás 16.58 horas, dá comezo o verán no hemisferio norte. En dito instante o Sol atópase no punto Cáncer da eclíptica, ou solsticio de xuño, acadando a máxima elevación (declinación máxima) con respecto ao ecuador. Nestas xornadas prodúcese, polo tanto, a meirande diferencia entre o día e a noite. Porén, debido a que o tempo oficial mídese con respecto ao chamado Sol medio, “sucede que o día no que o Sol sae antes é o 15 de xuño e cando máis tarde ten lugar o solpor corresponde co 27 do mesmo mes”, explica José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller. A estación que agora comeza vaise prolongar ata as 08.50 horas do 23 de setembro. Estes 93,66 días fan que o verán boreal sexa a estación máis longa das catro.

Nesta ocasión a visión das Perseidas na noite do 12 ao 13 de agosto verase favorecida pola fase lunar, que estará entre minguante e nova e que polo tanto “non vai estorbar durante a noite”, engade o profesor Docobo. Dende lugares sen contaminación luminosa poderían chegarse a observar sobre 100 meteoros/hora, contando os moi febles.

Por outra banda, os planetas Marte, Xúpiter e Saturno vanse ir vendo cada vez máis tempo ao longo das noites estivais, podéndose contemplar Venus logo do solpor ata comezos de agosto e como luceiro do alba despois. Pola contra, Mercurio estará en boas condicións de ser observado a simple vista ao anoitecer na primeira quincena de agosto. Ademais, non haberá eclipses na estación que agora comeza. “Hai que agardar ao outono no que teremos a posibilidade de contemplar unha eclipse parcial de Lúa, aínda que de moi pouca magnitude, na tarde noite do 28 de outubro”, explica Docobo.

Como en anos precedentes, durante o verán o Observatorio Astronómico Ramón María Aller vai impartir sesións públicas de divulgación astronómica tanto nas súas instalacións como en varios concellos galegos. Este ano a través de programas financiados polo Consello Social da USC e polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

Meteoroloxía

Remata outra primavera seca na contorna de Compostela na que a estación meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller rexistrou un total de 390 litros /m2 en 43 días con precipitación, sendo en 6 deles inapreciable (menos de 0,1 l/m2). Nos últimos dez días de marzo rexistráronse 75,6 l/m2; en abril, 91,0  l/m2; en maio, 94,2 l/m2; e nos primeiros vinte días de xuño, 129,2 l/m2.

Cómpre destacar a cantidade de chuvia do 22 de abril con 54,9 l/m2, así como a da noite do 3 de maio (34,8 l/m2) e a tarde do 28 do mesmo mes (31,2 l/m2). As temperaturas máximas en Santiago de Compostela foron os 29º7 e os 29º3, acadados respectivamente os días 15 e 6 de xuño. Tamén se chegou aos 28º2 en tres datas: 17 de abril, 2 de maio, e 16 de xuño.

Outros artigos

Domingo 6, sol e suba das temperaturas

Durante o domingo, Corpous Christi, Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse néboas matinais no interior e ceos moi abertos no resto con nubes de tipo alto. Na Mariña teremos nubes de estancamento. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...