O Torneo Internacional CONGALSA de Fútbol Base Concello de Ribeira achega 9.776 euros á Fundación Aladina

12 Xuño 2023

O Concello de Ribeira e a empresa da nosa comarca CONGALSA fixeron balance este luns 12 de xuño do Torneo Internacional CONGALSA de Fútbol Base Concello de Ribeira. Segundo fixeron saber os responsábeis das dúas entidades, esta cita deportiva permitirá recadar un total de 9.776 euros a beneficio da Fundación Aladina en apoio a nenos e nenas enfermos de cancro.

Así se manifestou nun acto celebrado no salón de plenos do Consistorio ribeirense que contou coa presenza e participación da tenente de alcalde en funcións María Sampedro, o concelleiro Ramón Doval, Isabel Cañas en representación de CONGALSA e Julio Mariño, promotor do certame no que se deron cita un total de 53 equipos os días 20 e 21 de maio.

Mariño mostrou o seu orgullo polo desenvolvemento da proba, que “superou con creces edicións anteriores tendo que en conta que o custe da súa organización superou nun 50 por cento o da súa última convocatoria”, dixo. Tamén agradeceu a todos os patrocinadores e colaboradores que fixeron posíbel o evento. Entre eles, o Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte, así como CONGALSA, Ramiro Carregal a título persoal e numerosos establecementos de diversos tamaños.

Fomento da actividade física

Amais, explicou que, segundo lle trasladou a Fundación Aladina, “a recadación irá destinada a fomentar a actividade física nos nenos oncolóxicos, xa que está demostrado que o exercicio contribúe a favorecer a autoestima e mitigar as dores”.

Pola súa banda, Isabel Cañas mostrou a súa satisfacción pola implicación de CONGALSA nun certame que fomenta valores como o traballo de equipo, a mellora continua e a solidariedade e mostrou a predisposición da empresa para seguir colaborando en próximas edicións.

María Sampedro agradeceu que a organización elixise o municipio de Ribeira e puxo en valor o retorno propiciado entre a veciñanza con numerosos restaurantes cheos e carteis de non hai habitacións nos establecementos hoteleiros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...