O tecido cultural boirense será o colectivo homenaxeado nas Festas do Verán 2023

23 Xuño 2023

O Concello de Boiro celebra as súas Festas do Verán de 2023 entre o 30 de xuño e o 5 de xullo e faino “cunha programación para todos os públicos” e poñendo o foco no tecido cultural local, que será homenaxeado nesta edición. En concreto, o Concello renderalle tributo adicándolle a revista Folía. Na presentación desta homenaxe e da axenda festiva, celebrada este xoves 22 de xuño na Casa Consistorial de Boiro, participaron o alcalde, José Ramón Romero, a concelleira de Cultura, María Outeiral, e o técnico de cultura, Alberto García.

A concelleira de cultura, María Outeiral, debullou o programa de actividades das Festas do Verán 2023 que “se van celebrar ata en catro escenarios distintos e pensadas para todos os grupos de idade e contando con propostas de moi distintos estilos musicais”. Haberá orquestras, grandes concertos, musica tradicional, grupos locais, alboradas, espectáculos infantís e fogos de artificio, sinalou.

Pola súa banda, David Laíño, presidente de Peñas Boiro AC, falou tamén do programa que a entidade organiza en dous días das festas. O venres 30 celebrarase unha Remember Fest que terá lugar no Parque da Cachada e o luns 3 de xullo o tradicional dia de peñas con xogos peñeiros, sesión vermú e sesión tardeo.

Alberto García, técnico de cultura e coordinador da revista Folía falou da importancia da colectividade das festas, que se “ve reflectida cada ano na revista”. Ademais do programa de festexos, lembrou que a revista recolle parte da memoria colectiva de Boiro e conta tamén con colaboradores como son Antón R. Gallardo, Estevo Silva, Moncho Ares, Alberto García, Mercedes Rozas, Venancio Ribela, IESP A Cachada e Cruz Vermella de Boiro.

O alcalde, José Ramón Romero, resaltou “o gran traballo que dende o departamento de cultura levan facendo os últimos meses para programar as festas do verán” e tamén agradeceu “o gran traballo de produción, limpeza, seguridade… que hai detrás deste programa para que todos desfrutemos da nosa semana grande”.

Programa completo das Festas de Verán de Boiro

Venres 30 de xuño

20.00h – foguetes dando comezo ás Festas de Boiro

20.00h – pasarrúas coa charanga T.N.T. pola rúa peonil

22.00h – pregón en homenaxe ao TECIDO CULTURAL BOIRENSE na Praza do Concello

23.00h – orquestra LA PRINCIPAL na Praza de Galicia

23.00h – FAMILIA CAAMAGNO na Praza do Centro Social

23.00h – REMEMBER FEST das Peñas no Parque da Cachada con DJ Xacobo, DJ Places, DJ Neil e Marcos Magán

Sábado 1 de xullo

10.00h – alborada a cargo de PEQUENOS DO BARBANSA

11.00h – FESTA DA MALLA no Parque da Cachada con XOGOS TRADICIONAIS, XILBARBEIRA, ABELOURA, AROÑA, ABANQUEIRO, CARAVEIROS, LUMIEIRA, ARUME, O AR DE LOUREDA, PEQUENOS DO BARBANSA, SALGUEIRIÑOS

13.00h – xantar popular ca FESTA DA ORELLA DA BOLIÑA

18.00h – PASABARES TRADICIONAL por Boiro

23.00h – A QUINKILLADA na Praza do Centro Social

23.00h – MIKEL ERENTXUN na Praza de Galicia

00.30h – TRIBUTO a ELTON JOHN na Praza de Galicia

Domingo 2 de xullo

10.00h – alborada con o AR DE LOUREDA

12.00h – FANFARRIA BREGADIERS polas rúas de Boiro

13.30h – THE CUNCAS na rúa Peonil

19.00h – BANDA DE MÚSICA na Praza do Centro Social

20.00h – TROBEIROS DA PONTE (Boleros) na Praza do Centro Social

21.30h – THE AMY WINEHOUSE BAND Praza de A Negral

22.00h – orquestra PLAYERS na Praza do Concello

24.00h – FOGOS DE ARTIFICIO na Praia de Barraña (espectáculo piromusical e de danza cas agrupacións de ballet e baile tradicional do concello)

01.00h – Orquestra NEW YORK na Praza de Galicia

Luns 3 de xullo

10.00h – alborada con ARUME

12.00h – sesión Vermú con AS DA BOINA

12.00h – teatro infantil GHAZAFELLOS na praza do Centro Social

12.00h – peñas infantil con inchábeis e xogos no parque da Cachada

12.00h – FESTA DAS PEÑAS, festa da auga e sesión musical na Cachada

14.00h – sesión vermú Peñas con LEITE CON JALLETAS

17.00h – Tardeo Peñas con EUPHORIA DISCO SHOW (DJs Tito Maverick, Mateo Abelleira e Bruno deejay)

22.00h – XOSÉ LOIS ROMERO E ALIBORIA na Praza de Galicia

23.00h – CATUXA SALOM + Rasca&Pincha djs na praza do Centro Social

23:30h – orquestra MARBELLA na Praza de Galicia

Martes 4 de xullo

10.00h – alborada con ARUME

12.00h – sesión vermú con A DORNIÑA polas rúas de Boiro

12.00h – CIRCO CHOSCO espectáculo infantil no Parque da Cachada

22.30h – FILLAS DE CASSANDRA+ MONDRA na Praza do Centro Social

22.30h – orquestra PARÍS DE NOIA na Praza de Galicia

24.00h – BROKEN PEACH na Praza de Galicia

Mércores 5 de xullo

10.00h – alborada con ARUME

12.00h – sesión vermú con NUNCA É TARDE

12.00h – Nauta TEATRO familiar no Parque da Cachada

18.00h – TURBINA en festas na Praza do Centro Social (micro aberto + Bony Drill + Jallejo + Astray + DJ Mateo)

22.00h – O RABELO & HIGWPAW na Praza do Centro Social

22.00h – CAMELA na Praza de A Negral

22.30h – Dj Matrek na Praza de Galicia

23.00h – PANORAMA na Praza de Galicia

02.00h – Dj MATREK SHOW con artistas convidadas

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desenvolvemento social” – José Manuel Pena

“Desenvolvemento social” – José Manuel Pena

Hai décadas en que se celebrou o Cumio Mundial de Copenhague sobre o DESENVOLVEMENTO SOCIAL, definíndose que para ser tal “ten que ter ao ser humano como obxectivo principal" e "que para que isto sexa unha realidade é conveniente a participación activa dos individuos...

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

O chipriota Costas Kadis, de 57 anos, será -se así o decide o Colexio de Comisarios- o próximo Comisario de Pesca e Océanos da Comisión Europea- A proposta de nomeamento parte da presidenta deste organismo da UE, Ursula von der Leyen, quen confía en que o político...