O proxecto Cóntame un mundo reivindicará a sabedoría popular e a tradición oral da xente de Dodro

15 Xuño 2023

O Concello de Dodro co-impulsa esta tempada un importante e ambicioso proxecto participativo e aberto destinado a recuperar e pór en valor a rica tradición oral e popular que atesoura a nosa terra. Trátase de Cóntame un mundo, unha iniciativa que inclúe narracións orais, foros, traballo de campo (recuperación da tradición oral da terceira idade e coas crianzas), obradoiros familiares e encontros arredor da palabra.

O proxecto Cóntame un mundo levarase a cabo en Dodro e noutros sete concellos do territorio galego. No caso de Dodro recibirase a visita de dúas narradoras que virán coñecer, partillar e recoller as historias das diferentes parroquias. “Será unha forma de salvagardar e poñer en valor a nosa memoria”, explican dende o Concello, engadindo que o programa inclúe “varios eventos e actividades nos que a veciñanza será a principal protagonista, compartindo o seu coñecemento e a súa sabedoría arredor da historia de Dodro”.

Quen precise máis información sobre o proxecto, tena na web contameunmundo.org e máis no seu espazo en Instagram.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O medo fala. Consecuencias” – Manuel Domínguez

“O medo fala. Consecuencias” – Manuel Domínguez

O 26 de febreiro publicaba neste mesmo medio, sobre a ameaza de Donald Trump e as súas consecuencias, podería parecer unha opinión, pero non, non, está baseada en feitos. En ano 2004 cando os países bálticos liberáronse das garras comunistas das URSS e pasou a...