O Concello derrubará de urxencia a casa destruída polo lume na rúa Romero Ortiz (Ribeira)

06 Xuño 2023

Comezan a despexarse as incógnitas sobre o incendio que asolou o inmóbel da rúa Romero Ortiz, en Ribeira, na madrugada do pasado luns, aínda que non todos son certezas. No capítulo das cuestións confirmadas atópase o seguinte: que o Concello foi quen de tramitar a declaración urxente de ruína co obxecto de derrubar a casa, unha decisión que acelera o proceso de proxecto de derrube que xa pesaba sobre o edificio e cuxa urxencia vén motivada polo risco actual de esborrallado (segundo fixeron saber os técnicos municipais unha vez foi posíbel avaliar os estragos causados polo lume). Os traballos comezarán á maior brevidade posíbel e serán levados a cabo de xeito gradual.

Coas tarefas a desenvolver tentarase despexar a principal dúbida sobre o acontecido: se había alguén residente no inmóbel cando comezou o incendio, presumibelmente algunha das persoas toxicómanas que o frecuentaba para adquirir ou consumir drogas. Sobre este punto, as declaracións dalgúns dos habituais da casa, entre os que se atopa un familiar da propietaria, residente habitual, non aclararon as devanditas incógnitas. A falta de información concluínte tamén é extrapolábel ás orixes e causa das lapas: os bombeiros tentaron despexar dúbidas no mediodía do luns e logo de empregar unha cámara térmica para verificar que non existía risco de que se reproducise o incendio, como así foi, non puideron determinar os porqués do lume nin tampouco o lugar exacto no que comezou.

O que si sabe é que unha das vítimas das lapas foi un gato que foi rescatado con queimaduras leves pola asociación Los Olvidados de la Perrera de Ribeira, que lanzou unha chamamento nas redes sociais para buscarlle un fogar de acollida.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.