O Concello de Lousame convoca os Cursos de Natación 2023 (na Piscina Municipal da Silva en xullo e agosto)

12 Xuño 2023

O Concello de Lousame convoca os seus tradicionais cursos de natación, nas modalidades de iniciación e perfeccionamento, dirixidos a persoas a partir dos 4 anos. Os cursos terán un prezo de 10 euros por mes e desenvolveranse ao longo dos meses de xullo e agosto na Piscina Municipal da Silva.

O Concello de Lousame convoca un total de 68 prazas e organiza tres grupos de idade. Así, haberá 24 prazas para nenos e nenas de 4 a 6 anos, que terán clase de 12:30 a 13:00 horas e de 13:00 a 13:30 horas. Para os rapaces e rapazas de 7 a 10 anos haberá 20 prazas, con sesións de 11:30 a 12:30 horas. Finalmente, as persoas maiores de 11 anos terán clase de natación de 10:30 a 11:30 horas, con 24 prazas dispoñíbeis.

Os cursos comezarán o luns 3 de xullo. Preinscricións a través de Bandoticket.com do 15 ao 25 de xuño (persoas empadroadas en Lousame) e do 26 ao 30 de xuño (non empadroadas). As admisións faranse por rigorosa orde de inscrición. Máis información no Departamento de Deportes ou chamando ao teléfono 981 825 780.

A Piscina Municipal de Lousame abrirá as súas portas o 1 de xullo en horario de 15:00 a 21:00 horas, de luns a domingo.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...