O Concello de Boiro organiza un campamento de actividades tecnolóxicas durante o verán

26 Xuño 2023

O Concello de Boiro organiza durante este verán un campamento de actividades tecnolóxicas para rapaces e rapazas, co obxectivo de achegarlles lecer e entretemento no seu tempo libre de vacacións ao tempo que se incrementan e reforzas as súas habilitades dixitais de cara aos seus estudos e as súas respectivas carreiras profesionais futuras. Será no Centro Social de Boiro. As prazas son limitadas e as inscricións poderán facerse mediante a web municipal entre o 28 e o 30 de xuño.

O campamento tecnolóxico está destinado a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos, que estarán divididos en dous grupos segundo idade. O primeiro dos grupos para rapaces de 8 a 11 anos desenvolverase os días 12, 13, 14, 26, 27 e 28 de xullo e o grupo para idades de 12 a 14 anos os días 2, 3, 4, 9, 10 e 11 de xullo. A actividade será no Centro Social de Boiro en horario de 10.00 a 13.00 horas.

Segundo informou o Concello, as actividades que se van desenvolver no campamento tecnolóxico “están baseadas en técnicas de participación activa para o fomento de valores como o autodescubrimento e a creatividade”. En concreto, os obxectivos do programa serán achegar os contidos STEM (acrónimo de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática) aos máis cativos de xeito lúdico, facilitar o coñecemento de diferentes ferramentas tecnolóxicas e promover o bo uso das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación).

Para participar é preciso inscrición previa, que se poderá facer entre o 28 e o 30 de xullo a través do Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. Os formularios de inscrición, bases e toda a información están a disposición das persoas interesadas na web municipal.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.