O Concello de Boiro convoca unha bolsa de emprego de peóns de servizos varios

13 Xuño 2023

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego de peóns de servizos varios para distintos servizos municipais como praias, obras, xardíns… As bases e toda a información sobre o proceso selectivo están dispoñíbeis na web municipal.

Segundo informa o Concello, o proceso selectivo ten como finalidade “crear unha bolsa de traballo que sirva para a cobertura, mediante contratación laboral temporal, de reforzos puntuais e das ausencias que se produzan nos postos de peón de servizos varios nas distintas cuadrillas municipais”. O sistema de acceso será mediante oposición libre e a contratación formalizarase baixo a modalidade de laboral temporal que se considere axeitada para cada caso.

As persoas candidatas deberán cumprir unha serie de requisitos para o acceso ao traballo público como son ter a nacionalidade española, ter cumpridos os 16 anos, posuíren a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do posto, non atoparse incursos en causas de incompatibilidade ou incapacidade, non ter sido despedidas mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública e estaren en posesión do título do certificado de escolaridade, estudos primarios, 2º da ESO ou equivalente.

O Boletín Oficial da Provincia publica este martes as bases da convocatoria. As solicitudes para participar deste proceso selectivo deben presentarse non Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro durante un prazo de cinco días hábiles.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...