O Club de Remo de Cabo de Cruz presenta os equipos que competirán na Liga Galega, Euskolabel e Euskotren

25 Xuño 2023

O Club de Remo de Cabo de Cruz presentou esta mañá os seus equipos para a tempada. Na presentación estiveron o tenente de alcalde, Luis Ruiz, o presidente do Club, Luis Piñeiro e a directora de Relacións Institucionais de Jealsa, Marga Hermo.
O club presentou aos tres equipos que van competir na Liga Galega, Euskolabel e Euskotren. “Os remeiros traballaron duramente todo o inverno e van dar o máximo que poidan nesta tempada, gracias ao apoio social de entidades, empresas e afección”, afirmou o presidente do Club, Luis Piñeiro.
A directora de Relacións Institucionais de Jealsa, Marga Hermo, animou aos remeiros e remeiras na tempada que teñen por diante. “O Club de Remo de Cabo é mais que un equipo, son un grupo de rapaces e rapazas que levan anos demostrando que son un referente no remo a nivel nacional e nós
estamos con eles”, afirmou.
“O Club de Remo de Cabo de Cruz é o orgullo do noso pobo, este é o resultado do esforzo de patrocinados e de moita xente que traballa de forma altruísta para que os remeiros poidan competir nas mellores condicións”, afirmou o tenente de alcalde, Luis Ruíz. O Concello de Boiro mantén a súa
firme aposta co deporte e “desexámoslles o mellor para esta temporada que teñen por diante”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.