O ciclo “MAR ABERTO. Concertos na Fin da Terra”, terá lugar no Faro de Corrubedo a finais de xullo

14 Xuño 2023

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou esta mañá xunto a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Francisco Barea e o director do centro de Institucións de CaixaBank, Rubén Riaño, o novo ciclo de concertos
“Mar aberto, concertos na fin da terra”.
Segundo explicou Nava Castro, este ciclo de concertos Festival Mar Aberto – Festival Mar Aberto é unha continuación dos Concertos na Fin do Mundo, concibidos como unha experiencia musical e turística diferente no marco da celebración do Xacobeo 21-22. Para esta edición contase con catro localizacións diferentes que teñen como referente próximo un faro da costa galega ou espazo de beleza singular. “Son concertos de formato intimista en contornas singulares, o que os converte en eventos moi especiais, únicos”, indicou a directora de Turismo de Galicia.
Co obxectivo de facer un ciclo de concertos en espazos singulares e coa sostibilidade como elemento transversal, vanse celebrar catro concertos no mes de xullo. O primeiro deles terá lugar no Arsenal Militar de Ferrol, os vindeiros 7 e 8 de xullo coa actuación de Amaro Ferreiro, Julieta Venegas, Eva B e Alice Wonder, entre outros. A fin de semana seguinte, os 14 e 15 de xullo terán lugar no Faro Cabo Silleiro (Baiona), onde actuarán Ses, Monopolius Dop Lynn Milanés e Catuxa Salom.
Os días 21 e 22 de xullo no Faro Punta da Barca (Muxía) actuarán Fillas de Cassandra, Freedonia, Cora Velasco e Mísia. E finalmente, o derradeiro fin de semana de xullo, os días 28 e 29 de xullo actuarán no Faro de Corrubedo (Ribeira), Blanca Paloma, The Gift, Sheila Patricia e Allova. Estes son algúns dos artistas que participarán nestas noites máxicas, xunto a DJs como DJ Russinha, Señora DJ e Rapariga DJ, que actuarán ao longo das 4 fins de semana. As entradas son de balde, e pódense facer as reservas en
www.woutick.es.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.