O alumnado do Obradoiro Tahume (artes e aparellos) dota de redes as porterías das pistas sonenses

01 Xuño 2023

Segue en Porto do Son a actividade do alumnado do Certificado de Confección e Montaxe de Artes e Aparellos do Obradoiro de Emprego Tahume VIII, logo do importante traballo ambiental e funcional despregado na praia do Cruceiro, do que falamos os días pasados dende O Barbanza.

Agora, as e os participantes no obradoiro de emprego de Porto do Son (co-impulsado polo Concello de Ribeira) fixeron entrega das redes que confeccionaron para as porterías de fútbol sala das pistas do CEIP de Portosín, do Colexio de Santa Irene, do Polideportivo de Santa Irene e máis da Pista Polideportiva de Queiruga. Tamén elaboraron as redes para as porterías de fútbol 7 e fútbol 11 do Campo Municipal Emilio García.

O Obradoiro de Emprego Tahume (oitava edición) comezou o pasado 3 de outubro, sendo a súa finalidade favorecer a inserción laboral das persoas desempregadas dos dous municipios (Ribeira e Porto do Son) a través de formación especializada, avanzada e dunha índole marcadamente práctica, poñendo o foco na mocidade local. Un total de vinte alumnos e alumnas participan nesta convocatoria, unha edición dual con dúas especialidades distintas: por unha banda operacións básicas de cociña e pastelería e, pola outra, confección e montaxe de artes e aparellos.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.