Remataron na praia do Cruceiro (O Son) os traballos de acondicionamento e protección ambiental do Obradoiro Tahume

29 Maio 2023

O Concello de Porto do Son informou do remate dos despregados na céntrica praia do Cruceiro polo alumnado do Certificado de Confección e Montaxe de Artes e Aparellos do Obradoiro de Emprego Tahume VIII, impulsado dende os consistorios sonense e ribeirense para favorecer a ocupación laboral na nosa comarca con formación especializada, sustentábel e de futuro.

Os labores comezaron en abril e abeiráronse aos traballos de protección ambiental incluídos no proxecto para a mellora da praia do Cruceiro de Porto do Son, en pleno centro urbano da vila, actuación que veu cun investimento de 210.000 euros achegados pola Consellería de Medio Ambiente e o Concello.

As tarefas do Obradoiro de Emprego incluíron entre outras cousas o acondicionamento do sistema dunar e dos accesos sobre táboas de madeira, espazos que se delimitan coas redes elaboradas polos participantes no Obradoiro.

Por certo que os labores nas formacións dunares acompañáronse da plantación de especies vexetais a autóctonas para protexer a contorna portuaria do vento, principalmente da zona de xogos o parque infantil lindeiro, que viña recibindo importantes achegas de area en canto o vento sopraba do nordés ou do mar a terra. Tamén foron derrubados os muros que circundaban a praia e máis as contornas de asfalto que afeaban o conxunto ambiental.

A oitava edición do Obradoiro de Emprego Tahume comezou o pasado 3 de outubro, sendo a súa finalidade favorecer a inserción laboral das persoas desempregadas dos dous municipios (Ribeira e Porto do Son) a través de formación especializada, avanzada e dunha índole marcadamente práctica, poñendo o foco na mocidade local. Un total de vinte alumnos e alumnas participan nesta convocatoria, unha edición dual con dúas especialidades distintas: por unha banda operacións básicas de cociña e pastelería e, pola outra, confección e montaxe de artes e aparellos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...