Modesto Gómez explicou na ABE como aplicar nos nosos negocios as técnicas das neurovendas

22 Xuño 2023

Este mércores 21 de xuño a Asociación Boirense de Empresa celebrou unha nova xornada encamiñada a mellorar a competitividade, a eficiencia, a rendibilidade e a visibilidade das empresas locais. A xornada Os 20 principios fundamentais das neurovendas, que conseguiu reunir máis dunha vintena de asistentes, convocouse co obxectivo de mostrar as máis recentes e destacadas técnicas para “conquistar a mente e vender máis”. Celebrouse salón de actos da patronal entre as 10.00 e as 14.00 horas. Foi impartida polo economista, experto en nova mercadotecnia e estratexias de venta Modesto Gómez.

O relator achegou recursos para aprender aos presentes a “falarlle á mente e non á xente”, ilustrándoos sobre o funcionamento do cerebro das persoas ante determinados comportamentos ou sobre como e onde identificar a clientes e clientes potenciais con necesidade insatisfeitas. Estes foron algúns dos 20 principios dados a coñecer de forma sinxela nesta xornada sobre neurovendas.

“As estratexias que usan as neurovendas están baseadas na reacción do cerebro dos consumidores”, tal como explicou Modesto Gómez, que engadiu que “se ben antes faciamos produtos para vender a unhas determinadas persoas, agora a clave é o contrario, temos que saber onde hai clientes con necesidades sen satisfacer e como podemos cubrir esas necesidades que teñen”. E explicou: “Hoxe temos moitos medios para saber que é o que a xente necesita e como podemos ofertarllo de maneira satisfactoria”

Máis de 20 asistentes procedentes de diferentes sectores como comercio, banca e empresas saíron con moi boas impresións desta formación na que coñeceron de maneira pormenorizada o obxectivo fundamental da neurociencia aplicada ós negocios, vender máis, mellor e chegar a máis clientes.

Esta Actuación está financiada polo FEDER e pola Secretaria de Estado Comercio no marco do programa de comercio minorista 2023.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...