
A viaxe inaugural do primeiro buque da navieira Maersk -unha das máis importantes do mundo- en utilizar metanol verde podería producirse este verán e constitúe o primeiro paso que da a compañía dinamarquesa para descarbonizar a súa frota. Un plan que afectará a, polo menos, a cuarta parte da carga a transportar no ano 2030 usando combustible verde subministrado no Porto Exterior de Lagosteira (Arteixo) e no de Algeciras (Cádiz). O investimento realizado por Maersk para esta fin en España non é inferior aos 10.000 millóns de euros ata o citado ano 2030, cantidade na que se inclúe o custo da pranta que abastecerá de metanol verde a frota da empresa que move a maior parte dos portacontedores que transitan os mares do globo terrestre e que vai ter unha importante base de operacións en Galicia, un hub de hidróxeno e metanol que subministrará aos seus buques nun dos seus centros de produción: o situado en Punta Langosteira.
O metanol verde a utilizar pola frota do xigante navieiro Maerks é un biocarburante que se considera o substituto do gasoil que empregan os cargueiros e base dos plans para descarbonizar os barcos das grandes compañías. Non se desbota a posibilidade de que o Goberno español entre como inversor estratéxico na empresa (que deberá dispor asimesmo de subministración eólica que xere a produción do metanol verde) a través dos fondos europeos dada a proxección do biocombustible como principal alternativa dos de tipo fósil no sector marítimo.
Dos 10.000 millóns de orzamento do proxecto, aproximadamente un 40% será destinado a producir hidróxeno verde e metanol. O 60% restante vai destinarse a producir enerxía renovable, necesaria para a produción dos primeiros.



