Manuel Esteban, gañador do IX Certame de Novela Curta de Ribeira con O xogo de Escher

02 Xuño 2023

O escritor Manuel Esteban Domínguez (Vigo, 1971) é finalmente o gañador da novena edición do IX Certame de Novela Curta coa obra O xogo de Escher. Así se deu a coñecer na mañá deste venres 2 de xuño nun acto que estivo presidido pola primeira tenente de alcalde e concelleira de Cultura en funcións, María Sampedro, celebrado no salón de plenos do Consistorio local, e que tamén contou coa presenza na mesa de Sara Vila, da editorial Xerais e integrante do xurado, e o propio autor.

O xurado decidiu por unanimidade determinar, O xogo de Escher, como novela gañadora de entre as 22 obras presentadas, baixo o pseudónimo Andros Anderson. Así, segundo reflicte a acta na que se recolle o fallo:

“A obra destaca pola súa escrita fluída e como a trama que se presenta coma un crebacabezas implicando ao lector de tal xeito que se acaba involucrando no xogo que se propón. Trátase dun texto de calidade excepcional, ben estruturado e cun léxico moi variado e un ritmo áxil. Está extraordinariamente ben documentado, conta con distintos niveis de lectura ao tempo que abre a posibilidade de reflexionar en cuestións como a dependencia tecnolóxica e dilemas aos que nos enfrontan as novas tecnoloxías”.

María Sampedro fixo entrega a Manuel Esteban fixo entrega do cheque de 3000 € que recollía as bases do concurso ademais da publicación da obra na colección de narrativa de Xerais, o que está previsto para a primavera do 2024.

O escritor distinguido manifestou que “disfrazada baixo unha novela distópica de ciencia ficción, O xogo de Escher é en realidade outra cousa e non sei cal, se cadra é unha novela histórica ou unha reflexión sobre o problema de demarcación de límites na ciencia ou un ensaio filosófico sobre o sentido da vida ou un exercicio de metaliteratura que pretende romper a cuarta parede e interpelar o lector ou só e un libro que fala sobre un libro titulado O xogo de Escher”.

O xurado estivo formado polas seguintes persoas:

• Sara Vila Alonso, escritora, licenciada en xornalismo e xefa de comunicación da editorial Xerais de Galicia.

• Margarita Fernández Gómez, licenciada en filoloxía clásica, profesora de latín, tradutora e dinamizadora do equipo de lingua galega do IES Espiñeira de Boiro.

• Irene Montero Díaz, licenciada en xornalismo, escritora e gañadora da anterior edición coa súa novela Lúa nova.

• Xoán Fernández Callón, licenciado en historia e bibliotecario do Concello de Ribeira.

• Unai González Suárez, licenciado en ciencias políticas e xestor cultural do concello de Ribeira, que actúa como secretario con voz e sen voto.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...