Máis de 3.500 persoas benefícianse dos 32 proxectos que pon en marcha COGAMI e entidades membro a través da XSolidaria

30 Xuño 2023

Persoas con discapacidade de toda Galicia son as beneficiarias dos proxectos e programas que se desenvolven a través dos fondos do 0,7% das persoas contribuíntes que marcaron o recadro 106 na declaración da renda, e que xestiona a Xunta de Galicia.
As actividades que se desenvolven están destinadas tanto á inclusión social e laboral como tamén á promoción da autonomía persoal, apoio ás persoas con discapacidade e familias en diversos eidos de intervención, voluntariado e obras de mellora e adaptación de espazos, entre outras.


Cando se fai a declaración da renda, cada vez que unha persoa marca o recadro 106 de Programas de interese xeral para fins de carácter social, coñecida por X Solidaria, permite que o 0,7% do IRPF dos impostos que paga, poidan ser investidos en programas sociais como os que desenvolven COGAMI e as súas entidades membro.
Durante este ano, levaranse a cabo 32 programas e proxectos que beneficiarán a máis de 3.500 persoas, e nos que se desenvolven actividades de intervención familiar en situacións de especial vulnerabilidade ou dificultade; apoio á inclusión sociolaboral; promoción da autonomía persoal a través de actividades físico-rehabilitadoras, fisioterapia, terapia ocupacional, atención psicolóxica e social, atención temperá, información, asesoramento e orientación, intervención social, actividades de lecer, deportivas e artísticas, transporte adaptado; obras de mellora e adaptación de espazos; así como actividades de voluntariado.
Na liña de actuacións no ámbito da familia, a infancia e a dinamización demográfia, COGAMI está a desenvolver o Programa IN-Itinere, que trata de dotar ás familias de ferramentas para o acompañamento ás persoas con discapacidade, facilita o acceso a servizos de calidade e mellora a xestión emocional no eido familiar.
No que se refire ás actuacións de inclusión social, intégrase o Servizo de inclusión ao Emprego, executado por COGAMI e ACADAR, e que presta apoio á inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade.

No eido da promoción da autonomía persoal e apoio ás persoas con discapacidade, desenvólvense unha serie de programas que levan a cabo tanto COGAMI como algunha das súas entidades membro. Engloba os programa de: atención especializada, que inclúe actividades físico- rehabilitadoras, de atención psicolóxica así como un servizo complementario de atención social, a través das entidades AGL, AFFOU, GRUMICO, AGFQ; atención social, asesoramento e intervención, desenvolvido por ACCU Ourense, ACEM Coruña, ASOTRAME e ACEM Santiago, que promove a igualdade de oportunidades na participación social e no acceso ao mercado de traballo; promoción da autonomía persoal, que leva a cabo COGAMI e as entidades ASEM Galicia, ASEARPO, CONARTRITE, AODEMPER e AVANTE, e que inclúe accións de información, asesoramento e orientación así como de terapia ocupacional, psicoloxía, fisioterapia, actividades de lecer e artísticas; atención integral, executado por COGAMI e ADAPTA, AMIZADE e AVEMPO, que procura mellorar a autonomía e a calidade de vida a través de actividades de rehabilitación,
mantemento e mellora das condicións de saúde física; atención social e asesoramento especializado, executado por COGAMI e as entidades ALCER Coruña, ALCER Ourense e ALCER Pontevedra; atención temperá, desenvolvido por MISELA e VONTADE, e dirixido a menores entre 0 e 6 anos con trastorno de desenvolvemento e/ou posibilidade de padecelo, e a nenas e nenos entre 6 e 16 anos con discapacidade recoñecida legalmente e as súas familias; así como o programa de lecer, cultura e deportes inclusivos, executado por COGAMI e ÁMBAR; ou o servizo de transporte adaptado.
Dentro dos proxectos de investimento e obra, levarase a cabo a instalación fotovoltaica nos Centros de Fingoi (en Lugo), Medelo (en Silleda) e Ferrol, así como a renovación da luminaria, co fin de mellorar a eficiencia enerxética. Realizaranse tamén, traballos de carpintería e mantemento exterior en Medelo e Fingoi así como a instalación dun cambiador inclusivo neste último centro. Renovarase o equipamento informático no Centro de Monteporreiro (en Pontevedra), adquirirase novo material audiovisual para a promoción da comunicación inclusiva, e contarase coa dotación dunha nova furgoneta adaptada. COGAMI tamén está a executar o proxecto de construción de novas instalacións en Santiago de Compostela. Así mesmo, nesta mesma liña enmárcanse proxectos executados por entidades membro como os traballos de conservación nos centros ACEM Santiago e ADISBISMUR (en Outes); a mellora das condicións térmico- acústicas e enerxéticas de ASPAMITE (en Teo), a instalación solar fotovoltaica nos centros de AIXIÑA (en Ourense) e ÍNTEGRO (en Cabana); ou a renovación do equipamento informático e dixital en AGORA, (Monforte).

Outros dos programas que se están a desenvolver a través dos fondos da X Solidaria recolle actuacións destinadas ao voluntariado, a través do Programa de Voluntariado e a Rede de Voluntariado de COGAMI, co obxectivo de mellorar a calidade das accións desenvolvidas e o grao de satisfacción das persoas voluntarias.
Todos estes programas, que contan co financiamento da Xunta de Galicia, supoñen que as persoas con discapacidade teñan acceso a actividades e recursos encamiñados a mellorar a súa calidade de vida e inclusión social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

Una mente ignara, retrograda y obsoleta podría decir, eres un año más viejo. Pues no, soy muchos años más joven. He tenido que recuperar cuentos de la infancia, he tenido que volver practicar la pintura, que bien manejaba en mi juventud, he tenido que recuperar juegos...