O novo alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, visitou este mércores 21 de xuño o remate das obras de abastecemento e posterior asfaltado do núcleo de Corques (Taragoña). O proxecto, iniciado no mandato anterior, contou cun orzamento de 99.751,55€ financiado pola Deputación da Coruña.

Os traballos foron levados a cabo pola empresa Midón, adxudicataria do proxecto. Esta obra levou a traída municipal ao conxunto de Corques e permitiu chegar ao cruce coa estrada AC-305, incluíndo o asfaltado posterior de toda a zona afectada pola obra.
A adxudicación abrangueu unhas 25 vivendas. Supuxo o subministro dun treito que abastecerá desde o depósito de Taragoña seguindo AC-305 até o Araño.




