JEALSA instala preto dun milleiro de paneis fotovoltaicos para autoconsumo na cuberta do frigorífico

25 Xuño 2023

A conserveira boirense JEALSA, ao abeiro da súa estratexia de neutralidade e sustentabilidade ambiental, completou este mes de xuño a instalación de 902 paneis fotovoltaicos para autoconsumo na cuberta do frigorífico da súa planta principal. Os paneis achegan unha potencia nominal de 350 kW, que permitirán aproveitar a enerxía solar para reducir o consumo de electricidade da instalación.

Este proxecto contou co apoio do programa de incentivos para autoconsumo e almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

A iniciativa abéirase a unha das liñas de traballo principais de JEALSA: a da sustentabilidade. De feito, serve de prolongación ao seu compromiso de reducir ao máximo as emisións de CO2, unhas emisións que cruzaron a liña da neutralidade en 2021. Dito doutro xeito: naquel ano o subministro de gases xerados nos seus procesos de produción viuse compensando coa enerxía obtida pola propia compañía, por medio de parques eólicos propios e participados.

A maiores, a electricidade xerada en 2020 por estas instalacións (476 GWh) de JEALSA equivalía ao consumo de electricidade de 117.618 fogares, permitindo compensar as emisións de CO2 das súas fábricas.

Ademais, estas instalacións evitaron a emisión de 433.756 toneladas de CO2 á atmosfera.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Oporto”. Alberto Barciela

“Oporto”. Alberto Barciela

Oporto puede seguirse en el sentido serpenteante de un río, o en la vertical de un océano, ascenderse o descenderse por meandros encajados en calles que a veces semejan acantilados, que siempre se precipitan hacia agua, una urbe universal cerca del tiempo que le tocó...