Galicia defende a rebaixa do IVE dos produtos do mar para reactivar o seu consumo e recoñecer o labor esencial do sector pesqueiro

20 Xuño 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, defendeu hoxe en Baiona a necesidade de rebaixar o IVE dos produtos do mar para reactivar o seu consumo e valorizar o labor esencial do sector pesqueiro como subministrador de alimentos de calidade á cidadanía. Nesta liña, sinalou que esta medida contribuiría a incentivar o movemento do mercado, a aliviar a situación das familias -especialmente as de aquelas con baixos ingresos- e a mellorar as previsións de crecemento económico.

Así o expuxo na inauguración do 23 Congreso Aecoc de produtos do mar, onde estivo acompañado polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta. Alí o titular de Mar tamén lembrou que Galicia leva anos solicitando ao Goberno central a redución do IVE dos produtos do mar do 10 ao 4 % para igualar o tipo fiscal ao doutros países da UE.

A isto engadiu que a reticencia do Goberno central a atender esta demanda, reiterada tamén en varias ocasións polo sector, sitúa a España nunha posición de desvantaxe competitiva en relación con outros Estados membro. Neste caso puxo o exemplo de Portugal, que recentemente asinou un acordo cos sectores da produción e a distribución para eliminar o IVE dos peixes de maior consumo, un feito, subliñou, que debería sentar un precedente para o Executivo español.

En canto ao importante papel do sector e á vocación marítima de Galicia, Alfonso Villares salientou que Galicia desembarca máis do 11 % do produto fresco da UE e en acuicultura produce o 14 % do total dos 27.

Ademais destacou o alto impacto da actividade marítimo-pesqueira no conxunto da economía galega pois incide no 91 % das ramas empresariais tal e como reflicten as Táboas input-output da pesca-conserva galega 2019, que cifran nuns 9.000 millóns de euros o volume de produción e comercialización da cadea mar-industria. Tamén puxo de relevo os 2.700 millóns de euros en exportacións acadados no 2022.  

Na súa primeira intervención como conselleiro do Mar, Alfonso Villares tamén recoñeceu o labor da súa predecesora, Rosa Quintana, a prol do sector marítimo-pesqueiro. Unha figura, sinalou, moi valorada en Galicia por todo o que deu ao sector e todo o que lle seguirá dando. Ademais agradeceu ao presidente da Xunta a oportunidade que lle brindou e que asume con gran responsabilidade.

En relación coa Asociación de Fabricantes e Distribuidores (Aecoc), o conselleiro puxo en valor o labor das máis de 32.000 empresas que a conforman e que permitiu progresar e medrar o seu carácter cooperativo entre todos os elos da cadea de valor.

O evento

Aecoc celebra o seu 23º congreso de produtos do mar co obxectivo de ser a cita de referencia das empresas socias da entidade, entre as que se atopan representantes das distintas actividades relacionadas co complexo mar-industria, desde o sector primario ata a industria, a distribución e os operadores intermedios. A finalidade é mellorar a competitividade do sector compartindo solucións e analizando os retos aos que se enfronta o mercado en cada momento.

Nesta edición do congreso abordaranse temáticas como a baixada do consumo de produtos do mar, a adaptación da oferta aos hábitos de consumo, o impacto da economía azul e o incremento da regulación das pesqueiras, entre outras cuestións. Para iso o encontro ofrece aos profesionais espazos de networking nos que intercambiar ideas, compartir inquedanzas e explorar posibles proxectos de colaboración.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...