“Finou Astrud Gilberto: Sempre nos quedará a garota de Ipanema” – Antón Luaces

07 Xuño 2023

Tiña 83 anos. E desde 1970 marcou o devir da “nova” música brasileira xunto con Joao Gilberto (que fora o seu esposo durante varios anos), Vinicius de Moraes e Antonio Carlos Jobim. Este cuarteto elevou a “bossa nova” -mestura de samba, jazz e pop- a estadios impensables desde que, en 1963, Astrud Gilberto gravara o LP Getz/Gilberto en USA, a onde se trasladara a vivir tres anos antes (1960).

A morte da nomeada “garota de Ipanema” producíuse un ano despois de que Astrud Gilberto (sempre conservou o apelido do que fora o seu home) se retirara dos escenarios.

Certamente chegou a morte física de Astrud, mais esta deixa sen embargo unha pegada imborrable na música internacional, nomeadamente a brasileira. Neste país naceu, concretamente en San Salvador de Bahía, o 29 de marzo de 1940. Casada xa con Joao Gilberto -quen segue a ser considerado o pai da bossa nova- foi cando entrou en contacto co mundo da música e a discografía, por canto Gilberto e Jobim lle pediran que puxera a súa voz nunha das gravacións por eles realizadas.  

Foi tal o éxito acadado, que Astrud nunca máis abandonou os estudos discográficos. E ahí quedan dúas decenas de álbumes e milleiros de versións da popular “Garota” tantas veces interpretada nas festas galegas polas orquestras que as amenizaban -e aínda amenizan- nas noites de xoldra e que, nos anos 60, Radio Riveira emitía constantemente polas intervencións de Fernando Cores e Manuel Millán, absolutamente namorados da voz da brasileira e que agora poderán, no paraíso dos máis grandes, cantar con Astrud: “olha que coisa mais linda/mais cheia de graça/ é ela, menina, que vem e que passa/ num doce balanço  a caminho do mar”… considerada ata o de agora como a segunda bossa nova máis interpretada no mundo.

A carreira musical de Astrud Gilberto comezou, como xa queda dito, no 1960, carreira que reafirmou nos Estados Unidos de América sen nunca deixar a bossa nova e con  especial relevancia grazas ao saxofonista Stan Getz, o pianista Carlos Jobim e, obviamente, Joao Gilberto. Colaborou estreitamente con Ennio Morricone, Chet Baker e George Michael, entre outros grandes da música internacional, e  no decenio dos 70, Astrud comezou a escribir as súas propias composicións.

Recibiu o premio Latin Jazz USA Award en recoñecemento a toda a súa carreira e, no ano 2002, ingresou na International Latin Music Hall of Fame, distincións que ben poucos latinoamericanos teñen no seu poder.

Astrud Gilberto foi a vloz do Brasil musical dos últimos 60 anos, Descanse en paz.-

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...