Este xoves e venres haberá probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 39 presas galegas

21 Xuño 2023

A Xunta de Galicia ten previsto realizar mañá xoves e o venres, días 22 e 23, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a 39 presas con Plan de Emerxencia.

Durante a proba sonora activaranse máis dun cento de sirenas situadas por todo o territorio coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Alcoa, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal e Augas de Galicia.

Tamén participará persoal dependente da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica Miño Sil.

A maiores, activaranse as catro sirenas adscritas ao plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos, situada en Xove.

O primeiro sinal de aviso audible será a partir das 09,00 horas do día 22 augas abaixo da presa de Belesar, nos concellos de Chantada, O Saviñao, Carballedo e Pantón. A partir desa hora as probas desenvolveranse ata as 13,00 horas, rematando na presa de Albarellos, en Boborás, O Carballiño, Leiro, Beade e Cenlle. Ao día seguinte, o venres 23, retomaranse as probas ás 09,00 horas na presa de Vilagaduin, en Tordoia, e rematarán ás 13,00 horas na de Velle, en Ourense.

Estas probas non afectarán á actividade diaria da veciñanza. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia. 

Presa Santa Uxía

NATURGY

DATAHORA INICIOPRESACONCELLOS 1/2 HORA
22/06/20239:00BELESARChantada, O Saviñao, Carballedo, Pantón
22/06/202311:00OS PEARESCarballedo, Pantón, Nogueira de Ramuín, A Peroxa, O Pereiro de Aguiar, Coles
22/06/202310:00FRIEIRACrecente
22/06/202310:30CASTRELORibadavia, Castrelo de Miño, Arnoia, Melón
22/06/202313:00ALBARELLOSBoborás, O Carballiño, Leiro, Beade, Cenlle

IBERDROLA                       

DATAHORA INICIOPRESACONCELLOS ½ hora
22/06/202310:00CHANDREXAChandrexa de Queixa
22/06/202310:10GUÍSTOLASA Pobra de Trives, Ribas de Sil
22/06/202310:20SANTA EULALIAO Bolo, Petín, Ribas de Sil
22/06/202310:30SAN ESTEBANPantón, Sober
22/06/202310:40SAN PEDROPantón, Carballedo, Nogueira de Ramuín, A Peroxa, Coles, O Pereiro de Aguiar
22/06/202311:00SAN MARTÍNQuiroga, Ribas de Sil
22/06/202311:15MONTEFURADOQuiroga, Ribas de Sil, A Rúa, Petín
22/06/202311:30SEQUEIROSQuiroga, Ribas de Sil
22/06/202311:45CASOYOCarballeda, O Barco de Valdeorras
22/06/202312:00PUMARESCarballeda, O Barco de Valdeorras
22/06/202312:15CENZAViana do Bolo, Vilariño de Conso
22/06/202312:30AS PORTASViana do Bolo, Vilariño de Conso
22/06/202312:45O BAOManzaneda, O Bolo, Petín, Ribas de Sil

ENDESA

DATAHORA INICIOPRESACONCELLOS ½ hora
22/06/202310:30RIBEIRAAs Pontes de García Rodríguez
22/06/202312:00EUMEPontedeume, Ares, Cabanas, Fene

XEAL

DATAHORA INICIOPEPCONCELLOS ½ hora
22/06/202310:00FERVENZADumbría, Mazaricos
22/06/202311:30SANTA UXIACarnota, Dumbría, Mazaricos

PHG

DATAHORA INICIOPEPCONCELLOS ½ hora
22/06/202310:00TOUROVila de Cruces, Touro, Silleda

ALUMINA

DATAHORA INICIOPEPCONCELLOS ½ hora
22/06/202311:30RIOCOBO E DIQUECervo
22/06/202310:00DEPOSITO LODOS VERMELLOSXove

AUGAS DE GALICIA

DATAHORA INICIOPEPCONCELLOS ½ hora
22/06/202310:30BAÍÑABaiona
22/06/202312:30CALDASCaldas de Reis, Portas
22/06/202313:30O CONVilagarcía de Arousa
22/06/202311:30EIRASSoutomaior, Ponte Caldelas, Pontevedra

Outros artigos

Falece un motorista que se accidentou en Carnota

Pasadas as 21:40 horas do sábado, un particular informou ao 112 Galicia de que acababa de atopar unha moto accidentada fóra da estrada á altura do quilómetro 87 da AC-400, en Santa Comba (Carnota). O implicado estaba a carón do vehículo e precisaba asistencia...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.