Este venres remata o prazo de inscrición no campamento Movida Urbana de Porto do Son

23 Xuño 2023

Este venres 23 de xuño remata o prazo de inscrición para a nova edición, a 2023, do campamento Movida Urbana que organiza o Concello de Porto do Son, convocado para achegar alternativas de lecer, deportivas, saudábeis e creativas para a rapazada local durante o tempo de vacacións, ao tempo se facilita a conciliación laboral das familias. As preinscricións cómpre facelas a través o rexistro de entrada do Concello ou da sede electrónica.

A información pode solicitarse á conta de correo electrónico deportesdoson@gmail.com ou ao teléfono 981 767 758.

O campamento desenvolverase entre en Porto do Son, Portosín e Xuño, entre o 10 de xullo e o 17 de agosto. Estará a disposición de nenas e nenos do concello de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. O horario das actividades será de 10.00 a 14.00, de luns a xoves, e a taxa de 40 euros. Achegarase un total de 300 prazas, a repartir entre as tres sedes do campamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...