Este sábado 24 de xuño comeza a veda da centola en todo o litoral galego

23 Xuño 2023

A veda da centola no litoral de Galicia comeza este sábado 24, cun inicio unificado nas tres provincias marítimas, e prolongarase ata o vindeiro 5 de novembro no caso das provincias da Coruña e Pontevedra (dende A Guarda ata cabo Corrubedo e de cabo Corrubedo ata cabo Estaca de Bares) e na provincia de Lugo a veda iniciarase o 3 de xullo e prolongarase ata o 27 de novembro entre estaca de Bares e o río Eo, incluíndo a ría do Barqueiro.

Mentres, a veda do boi comezará o vindeiro 2 de setembro e prolongarase ata o vindeiro 5 de novembro, de acordo coa resolución pola que se aproba o plan de xestión das dúas especies para a campaña 2023-2024.

A prohibición de extraer centola en todo o litoral de Galicia comeza ás 00,00 horas de mañá, 24 de xuño, e estenderase ata as 00,00 horas do domingo 5 de novembro nas costas da Coruña e Pontevedra e ata as 00,00 horas do domingo 26 de novembro na costa de Lugo. No caso do boi, a veda prolongarase en todo o litoral de Galicia desde as 00,00 horas do sábado 2 de setembro ata as 00,00 horas do domingo 5 de novembro.

Nestes períodos queda expresamente prohibida a captura destas especies para todas as embarcacións por medio de calquera arte. De feito, as embarcacións dedicadas á captura de centola e boi con nasas deberán retiralas do seu calamento no momento en que comece a correspondente veda e levalas a porto.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...