Enraizando (Ribeira), galardoada nos Premios á Cooperación que concede a Xunta

14 Xuño 2023

O Diario Oficial de Galicia publicou este mércores 14 de xuño o fallo dos Premios á Cooperación que, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, foron outorgados na súa edición 2023 a tres empresas cooperativas da provincia da Coruña: Alén (A Coruña), Enraizando (Ribeira) e Ferrolana de Profesores de Autoescuela (Ferrol), pola súa “contribución a fomentar e difundir os valores do cooperativismo na comunidade a través de proxectos útiles e de vocación social”.

O premio aos valores cooperativos recaeu en Alén (da Coruña) que, constituída en novembro de 2020, ofrece servizos de consultaría e formación para entidades, incluíndo proxectos para cooperativas, centros especiais de emprego, fundacións, asociacións e entidades sen ánimo de lucro, ademais de administracións públicas e outras empresas.

O galardón ao mellor proxecto cooperativo foi para Enraizando que, desde Ribeira e cunha andaina iniciada hai 26 meses, desenvolve proxectos que poñen ás persoas no centro. A súa misión artéllase en tres eixes: apoio e acompañamento sensible por e para as persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade; xeración de espazos participativos desde os que acompañar os itinerarios de saúde; e espazos de formación e acollida a estudantes e profesionais de calquera parte do mundo. A entidade desenvolve programas de acompañamento individual e familiar de supervisión de equipos profesionais e/ou para a poboación en xeral. O xurado destacou, das iniciativas de Enraizando, o proxecto Equipo de Apoio Social e Comunitario, un recurso de atención psicosocial destinado a persoas que presentan problemáticas relacionadas co consumo de substancias e ou en situación de vulnerabilidade.

No caso da mellor traxectoria cooperativa, o premio este ano recoñece o traballo da sociedade cooperativa Ferrolana de Profesores de Autoescuela, fundada en 1974, polo que conta con case medio século de experiencia.

Cos galardóns ao cooperativismo que se fallan nas vésperas da conmemoración do Día Mundial do Cooperativismo (o próximo 1 de xullo), a Xunta de Galicia quere “impulsar esta fórmula económica” e “poñer en valor os seus principios entre a sociedade, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas realizan coa súa aposta pola igualdade, a proximidade e a xeración de emprego”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...