En Porto do Son celébrase o 19 de xuño un curso sobre terapia ocupacional para a nenez

06 Xuño 2023

O Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns (dependente da Consellería de Sanidade) organiza este mes de xuño, nunha xornada, un Curso de Terapia Ocupacional Infantil (de catro horas de duración) dirixido a persoal sanitario e educativo, pacientes, familiares de pacientes, coidadores e cidadanía en xeral. Os contidos serán impartidos por Mercedes Urbiola Ituarte, pedagoga e guía Montessori. Será o vindeiro 19 de xuño, en horario de 16:00h a 20:00h. Celebrarase no Viveiro de Empresas municipal de Porto do Son. As inscricións cómpre facelas antes do 9 de xuño a través da seguinte conta de correo: jose.pazo@portodoson.gal.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.