O Concello de Ribeira informou do comezo dos traballos para demoler o edificio de Campos, en Carreira, que entorpecía o tráfico fluído de vehículos e peóns na rúa principal da parroquia e reducía a seguridade viaria na coñecida como curva da Muiñeira.

O inmóbel que se está derrubar, de andar baixo e de dous andares altos, é o que se corresponde co número 28, que foi adquirido polo Concello. Os labores veñen de principiar coa desmontaxe do tellado e están sendo executados por Demoliciones Coruña, S.L.

En Romero Ortiz
Por outra parte, na vivenda que ardeu a semana pasada na rúa Romero Ortiz e que tamén foi adquirida polo Concello coa finalidade de poder ampliar esta vía tamén se situou maquinaria con miras á súa demolición. A previsión, salvo inconveniente, é que os traballos dean comezo esta mesma tarde.




