A organización Ecoloxistas en Acción distingue cunha Bandeira Negra a autorización do baleirado da mina de San Finx

14 Xuño 2023

A organización Ecoloxistas en Acción presentou o seu informe Bandeiras Negras 2023, co que expón os “casos máis significativos de contaminación e mala xestión ambiental das costas do Estado español”. Outorgáronse como cada ano (dende 2005) un total de 48 bandeiras, das cales media ducia recaen no litoral galego. Na listaxe ocupa un lugar especial a autorización, por parte da Xunta, do baleirado da mina de San Finx, en Lousame. Tamén están o ditame do Tribunal Supremo prorrogando a factoría de ENCE na ría de Pontevedra. Como novidade, aparece o Concello de Vigo por designar como praia canina o areal de A Calzoa (“sen preverse o grave impacto ambiental que se xerou, ao encher o areal de cans que afectan, coma noutros ouros casos semellantes, á fauna litoral, principalmente ás aves”). Tamén foi distinguida a mina de Touro, unha das grandes ameazas ambientais da ría de Arousa.

A listaxe de bandeiras negras podemos atopala no mapa en liña subido por Ecoloxistas en Acción.

Respecto do caso da mina de San Finx, a organización lembra que a autorización do seu baleirado “pon en perigo todo o ecosistema da ría de Noia, unha ría da que viven máis de 5.000 familias mariscadoras ou mariñeiras”.

A outra bandeira da provincia da coruña recaeu na mina de Touro e sinala, tamén, á Xunta pola “permisividade cos continuos vertidos procedentes dos terreos da mina que contaminan os regatos da contorna, os cales tributan no río Ulla, e este desemboca na ría de Arousa, carrexando ata alí a contaminación procedente da mina”.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.