O domingo Galicia estará con aire cálido en superficie e aire frío en altura, polo que continuaremos con certa inestabilidade atmosférica. Deste xeito, comezarmos a xornada con nubes e claros, néboas no interior e brétemas no litoral. Co avance do día teremos nubes de evolución que deixarán chuvascos de tipo tormentoso máis probables e intensos na provincia de Lugo e tamén posibles chuvascos pola noite entre o sur da provincia de Pontevedra e Costa da Morte. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso e as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de dirección variable.

meteogalicia
O noso mar: Vento variable á mañá e á noite e do sudoeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 3 á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do oeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 05:00 | 1.0 m |
| Preamar | 11:22 | 3.0 m |
| Baixamar | 17:23 | 1.2 m |
| Preamar | 23:41 | 3.3 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 04:52 | 1.0 m |
| Preamar | 11:11 | 3.0 m |
| Baixamar | 17:12 | 1.3 m |
| Preamar | 23:33 | 3.3 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 04:57 | 1.0 m |
| Preamar | 11:18 | 3.0 m |
| Baixamar | 17:19 | 1.2 m |
| Preamar | 23:38 | 3.3 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



