“Doen máis as fronteiras que as vidas. O Mediterráneo é un cimeterio”. Antón Luaces

15 Xuño 2023

Oficialmente foros recollidos no mar de Grecia uns oitenta cadáveres. Oitenta migrantes que, xunto con outros moitos -disque non menos de 400, incluidos mullere, cativos e homes maioritariamente novos, que pasaron horas agardando un rescate que nunca chegou para eles ou chegou tarde sen certamente saber por que.

Cando no se fai todo o posible para lles salvar a vida, tense a responsabilidade nas súas mortes e fai xa moito que a vida das persoas migrantes -afirma a organización CEAR- deixou de ser a prioridade para a Unión Europea.

Eu non diría tanto, máis sí afirmaría que no seo da UE existen Estados membros para os que os dereitos das persoas -en particular os dos migrantes- non teñen o mesmo valor ca os dos connacionais, feito que converte o Mediterráneo nun inmenso cimeterio tanto na banda de Europa como na de África.

Que pode explicar máis aló da fame de cada quen, fillos incluidos, que case medio cento de persoas se embarquen nun pesqueiro e se neguen a desembarcar na costa grega porque o seu obxectivo primordial era chegar a Italia e de aquí dar o salto a outros países europeos porque a riqueza, o benestar, está para o migrante nunha Europa que non  é a depauperada Grecia?.

Hoxe o  berro é “Europa, Europa!”ao igual que no século pasado era “América, América!” e, para os galegos, Suiza, Alemaña, Francia, Inglaterra, Bélxica… sen importar o idioma nen sequera saber onde realmente ían. O que importaba era ter traballo, gañar máis ca trinta pesetas diarias ainda que fose limpando retretes. Ser migrante foi e segue a ser en moitos casos perder bos parte da dignididade que gardas no teu país e a que renuncias cando embarcas nun pesqueiro cos teus fillos na percura para estes dun futuro que non tes asegurado no teu país de orixe. Dignidade é renunciar á túa fame, á túa vida,  para que ese fillo que te acompaña teña futuro, teña comida, teña auga. Por isto os agora cadáveres querían chegar a Italia e os galegos dos ano 60 a Alemaña. Inglaterra, Francia, como os galegos de antes procuraban Cuba, Argentina, Venezuela,  Brasil, Uruguay e  sobre todo, Estados Unidos de América…

A diferencia destes, os migrantes que tentan cruzar o Mediterráneo xogan as bazas das súas vidas en cada intento e case que sempre coas cartas perdedoras na man. As súas vidas teñen valor se un día poden contar que, nun pesqueiro, nun mísero caiuco, foron quen de gañar a banda próspera do mar Mediterráneo e, un día, anos despois, regresar ao seu país de orixe en coche, coa baca ateigada de enseres -que non  falte o xergón- e orientándose cara ao sol.

Unhas vidas que nunca eran tal e que agora se perden nun intento de acadar que os teus fillos sexan máis, moito máis do que tí és.

Morrer no Mediterráneo non é o pior. O caso é que te leven  á beiramar envolveito nunha manta térmica e cun bocadillo e unha botella de auga que levar á boca.

Europa,, Europa!!…

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.