Dodro acolle este venres un Obradoiro de Construción de Xigantes

29 Xuño 2023

O Concello de Dodro, en colaboración con outras entidades, organiza este venres 30 de xuño un Obradoiro de Construción de Xigantes no Local Social do Montiño (Imo). Segundo informa Cultura de Dodro, trátase dunha actividade para público interxeracional: infancia a partir de 5 anos, mocidade, persoas adultas e persoas maiores. No caso de menores de idade deben participar acompañadas/os por adultas/os.

As persoas interesadas en acudir e en facer as inscricións poden acudir á Casa da Cultura ou chamar ao teléfono 981 802 472.

Trátase dunha actividade abeirada A Gárgola no Rural (A Xanela do Maxín) espectáculo multidisciplinar que combina teatro, monicreques, xigantes, música e bailes para tódolos públicos, acompañados, ademais, de obradoiros de xigantes especialmente pensados para a rapazada e a mocidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.