
Este sábado, 17 de xuño, a coordinadora “Eólica Así Non” convida ao pobo galego a participar nos actos de constitución das novas corporacións municipais dos concellos galegos e entregaren a todos
os membros das corporacións un escrito que contén peticións concretas en apoio expreso e decidido ás reivindicacións da citada coordinadora para impedir a invasión éolica da que, afirma, “estamos a ser vítimas”; apoio económico e técnico a prol das accións xurídicas postas en marcha por parte das plataformas afectadas e colectivos sociais; presentación polos concellos de todas as accións legais e xudiciais necesarias contra os proxectos eólicos propostos e non facilitar polos concellos a tramitación dos permisos, licenzas e demáis trámites dos que teñan competencia para a instalación dos parques eólicos autorizados polos gobernos galegos e/ou español.
Deste xeito, “Eólica Así Non” involucra ás novas corporacións na loita contra a actual planificación de eólicas nos montes galegos e zonas costeiras desta Comunidade Autónoma mesmo cando estas costas non sexan competencia municipal senon autonómica ou nacional.
Segundo a Asociación Eólica de Galicia, son 187 os parques instalados en Galicia, que suman 3.897 megavatios. A estes sumaranse os 2.912 dos 84 proxectos que, previsiblemente, serán instalados (un 75% máis) nun próximo futuro.
Unha vintena deses futuros parques eólicos galegos forman parte dos 77 proxectos que dispoñen de declaración de impacto ambiental (DIA) da Xunta e van ocupar espazos para se erguer -parcial ou íntegramente- nunha reserva da biosfera, segundo algunha publicación que afirma asimesmo que boa parte desa vintena de proxectos van asentarse na reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, malia seren as reservas da biosfera zonas de ecosistemas terrestres ou costeiros/mariños recoñecidas nun plano internacional polo Programa MAB da UNESCO co obxectivo de conservar a biodiversidade e ecosistemas, desenvolvemento de poboacións locais e apoio á
Investigación, aspectos estes que non foron obstáculo para a aprobación pola Xunta do proxecto xa que logo coida que son “proxectos ambientalmente viables” sempre e cando os promotores cumpran cos condicionantes fixados.
Entre os espedentes que se resolveron negativamente, existe unha liña de 40 quilómetros entre Vimianzo e a ría de Noia que obriga a aves a realizar “grandes cambios de rutas”, ao igual que en 100 quilómetros no oriente da provincia de Pontevedra.
A Asociación Empresarial Eólica, con datos do ano 2021, estimaba que o sector da emprego a 5.600 persoas en Galicia e supón o 0.9% do PIB da Comunidade, facilitando traballo a perto dun cento de empresas auxiliares.
Ata o de agora Galicia ocupaba a terceira posición no que atinxe a enerxía eólica xerada -15,8% do total de España- e a cuarta en potencia instalada. O sector informou que, entre 2020 e 2022, só se construiron 67 megavatios dos máis de 3.800 instalados. A patronal do sector (AEE) recoñeceu pola súa banda que o número de espedentes aprobados en Galicia “é superior ás demáis comunidades, seguido de Castilla e León e Aragón”.



