“Decididas medidas comunitarias de loita contra a pesca ilegal” – Antón Luaces

03 Xuño 2023

Cinco anos despois do acordado no Trílogo de maio de 2018, o Parlamento e o Consello da UE veñen de aprobar un texto provisorio que consensúa as principais discrepancias sobre a revisión do sistema de control que actualiza aproximadamente o 70% das normas existentes que tentan facer máis sustentable a pesca da UE. Deste xeito, dáse un paso avante na revisión do sistema de control da pesca que se iniciara coa proposta que a Comisión Europea puxera riba da mesa aquel 30 de maio de 2018 e que abría as portas ao control dixital, as cámaras a bordo e ampliaba as obrigas de control electrónico ás embarcacións artesanais creando un sistema dixital para as inportacións, aspectos non todos eles aceptados para os distintos segmentos de frota pero que agora serán de obrigada aplicación.

As novidades acordadas contemplan sistemas de segumento de buques (VMS) e rexistro electrónico das capturas, cámaras a bordo para asegurar o cumprimento das obrigas de desembarque, revisión das sancións, trazabilidade dixital, certificado de capturas para as importacións e medidas para a pesca recreativa.

Por todo isto, os buques da UE de eslora igual ou superior a 18 metro que podan supor un risco de incumprimento, disporán a bordo de sistemas de seguimento electrónico a distancia (obriga de desembarque). Os Estados membros deberán implementar sistemas de rastrexo da posición e movemento de todos os buques pesqueiros da Unión, mesmo os de menos de 12 metros, no ben entendido de que os países comunitarios poden eximir aos buques de pequena escala desa obriga de regulamento en circunstancias limitadas e xustificadas ata 2030. Con estas medidas procúrase mellorar o cumprimento da obriga de desembarque que a propia Comisión define como “deficiente”·

Para harmonizar o sistema de sancións e superar as deficiencias significativas entre os Estados membros, o Parlamento Europeo e o Consello acordaron que será o valor dos produtos pesqueiros capturados por un barco o que defina o nivel mínimo de multa a aplicar no caso dunha infracción grave das normas. En caso de reincidencia, a sanción será como mínimo o dobre do valor medio dos produtos.

En materia de pesca deportiva -ata o de agora escasamente regulada- aqueles que capturen especies específicas deberán estar rexistrados e informarán das súas capturas por medio dun sistema electrónico. Serán os Estados membros os encargados de verificar o cumprimento das normas de pesca recreativa e determinar as sancións axeitadas. Deberán, a máis, implementar un sistema de recompilación de datos , incluídas as capturas de actividades non comerciais como as organizadas por entidades de turismo ou competicións deportivas, considerándose infracción grave a pesca recreativa que comercialice capturas cun peso superior a 10 quilos ou con valor de máis de 50 euros.

Co control dos mercados reforzase a trazabilidade dos produtos frescos da pesca e a acuicultura ao facer totalmente accesible a información sobre peixe fresco e conxelado. Este sistema de trazabilidade dixitalizada tamén se estende, no prazo de cinco anos, ao peixe procesado.

Para os produtos importados estebelécese o sistema dixital coñecido como “catch”, que garante que os certificados de captura e outros documentos relacionados se xestionen nun entorno dixital único en toda a UE, mellorando así a detección de produtos derivados da pesca ilegal (INDNR). Os países non comunitarios poderán producir e validar certificados de captura directamente no entorno dixital “catch” a través do que os importadores tamén deberán presentar certificados de captura, medidas estas que reforzan a loita contra a pesca ilegal.

No que atinxe ás marxes de tolerancia -a diferenza entre a estimación dos peixes capturados e o resultado da pesaxe no porto de desembarque- acórdase unha porcentaxe do 10% por especie. Tamén se aplicará unha marxe de tolerancia do 20% para calquera outra especie a bordo que non supere os 100 quilos e para os pequenos peláxicos, as pesqueiras industriais e os túnidos tropicais, cunha marxe de tolerancia do 10% da cantidade total rexistrada. Os pescadores artesanais terán unha marxe de tolerancia do 20% xa que é máis difícil estimar o tamaño das capturas pèquenas-

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...