Continua esta semana os traballos de limpeza nas marxes das estradas Brión-Noia, Muros e Cee

25 Xuño 2023

A Xunta continuará esta vindeira semana os traballos de limpeza nas marxes de seis estradas autonómicas das catro provincias.

En concreto, proseguirán os labores iniciados a pasada semana na vía de altas prestacións Brión-Noia (CG-1.5) e na estrada AC-550, nos municipios de Cee, de Muros e de Noia.

Na provincia de Lugo seguirán avanzando os traballos xa en marcha nas últimas semanas na vía de altas prestacións que une Monforte de Lemos co Alto do Faro (CG-2.1), ao paso polos municipios de Monforte de Lemos, Pantón e O Saviñao.

No caso de Ourense, as tarefas levaranse a cabo na estrada OU-801, que comunica os municipios de Padrenda e de Ribadavia.

Ademais continuarán as actuacións nas marxes da autovía AG-51, no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño; e na VG-4.6, que une Cangas e Bueu.

Reforzo da seguridade

Estas actuacións forman parte do novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.

As intervencións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas, e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

Os obxectivos deste programa son previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...