CONGALSA e JEALSA logran récords en ingresos

10 Xuño 2023

Despois de tres anos de vaivéns debido á pandemia o ano 2022 pechouse con récords de facturación no sector da alimentación. Así Congalsa, Jealsa, Calvo, Profand, Fro0iz e Celta entre outras empresa tocan teito en ingresos.

O incremento na cifra de negocio, en todos os casos a dobre díxito, evidencia o encarecemento do prezo de venda por efecto da inflación, que tamén penaliza as marxes empresariais.
A distribución alimentaria, do mesmo xeito que a industria, tamén marcou récords de facturación. A boirense Jealsa, a maior conserveira galega, alcanzou os 795 millóns, un 13% máis. Mentres que Congalsa, con sede na Pobra do Caramiñal, elevou as súas vendas ata os 132 millóns, un crecemento do 17%.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.