Comeza a eliminación de especies exóticas invasoras nas beiras do ría Tins en Outes

05 Xuño 2023

Este luns 5 de xuño comezan as accións de eliminación e control de especies exóticas invasoras no entorno fluvial do río Tins no Concello de Outes. Os traballos abéiranse ao proxecto Renatur_Outes (iniciativa de recuperación e posta en valor ambiental impulsada polo Concello, as universidades galegas e a Fundación Montescola) e na súa primeira xeira as e os protagonistas son os estudantes do IES Poeta Añón. A intervención centrarase na eliminación de varias manchas de acacia negra (Acacia melanoxylon) así como de exemplares individuais de mimosa (Acacia dealbata) e falsa acacia (Robinia pseudoacacia). En todos os casos utilizarase a técnica de descasque.

Segundo informan dende Montescola, o descasque consiste nunha incisión en anel por volta do tronco ata chegar á madeira (xilema) que permite remover a casca (floema e tecidos exteriores) desde o corte ata a raíz, facilitando que a árbore seque en pé. As participantes aprenderán a utilizar esta técnica de xeito práctico e a utilizala pola súa conta en intervencións futuras. Apenas é necesario unha pequena navalla ou obxecto incisivo similar para realizar o entalle do anel.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización medioambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. “Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto”, informan dende Montescola e o Concello de Outes.

Outros artigos

Outes comparte o cartel do Pampallín, 26ª edición

A 26 edición da Festa do Pampallín (Outes) xa ten cartel. Haberá dúas xornadas de celebración: o 30 de abril (a partir das 22.00 horas na praza de Galicia) e o 1 de maio (a partir das 17.00). A axenda de actividades porá o foco na xuventude, coa actuación o primeiro...

+

Este domingo celébrase o 2ª Duatlón Escolar Concello de Outes

Este domingo 12 de abril pola mañá celebrarase a segunda edición do duatlón (carreira e bicicleta) escolar do Concello de Outes. Con motivo do desenvolvemento da proba, as zonas da Piscina Municipal e praza do Bosque estarán pechadas ao tráfico dende as 9:00 ata as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.