Comeza a edición 2023 das campañas de embarques participativos da CEMMA

21 Xuño 2023

A CEMMA (Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños) deu comezo á súa campaña anual de monitoraxe mariña das especies de cetáceos a través de embarques participativos para o seguimento das poboacións de cetáceos. O obxectivo é analizar a situación das especies mediante os embarques programados no Chasula, con base en Cambados, e no buque Munís, con base en Fisterra, mediante a programación de dous embarques mensuais.

As campañas, en parte, porán o foco na especie máis frecuente no noso mar: o golfiño común (Delphinus delphis) seguido do arroaz (Tursiops truncatus), mais o que se pretende é facer un seguimento máis estreito da toniña (Phocoena phocoena), que é unha especie en perigo de extinción, “a especie sobre a que debemos centrar os nosos obxectivos de conservación nos vindeiros anos para que non desapareza”, explican.

As baleas

A CEMMA indica que “tamén é necesario prestar atención ás especies de baleas rexistrando a súa presenza”. Nas primeiras saídas deste ano xa se rexistraron avistamentos de baleas fronte a Corrubedo.

As candorcas

A coordinadora sinala tamén que neste intre sábese que saíron da área do estreito de Xibraltar ao menos un grande grupo de candorcas. Nos anos 2015 e 2019 foron observadas polos equipos da CEMMA nas augas de Fisterra, non se descarta este ano manter o rexistro da especie no seu paso cara ao norte seguindo ao atún.

Actividades compartidas

A plataforma lembra que os embarque participativos “contan coa implicación de moita xente que non é especialista”, deste xeito a actividade “convértese nunha plataforma formativo-divulgativa moi potente”. Este ano cóntase cos proxectos Friendship orcas e Phocoe-nando que permiten paliar o encarecemento dos custes das embarcacións.

Podemos acceder á información relativa á participación e requisitos a través da web da CEMMA.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...