“Cativas esperanzas de futuro en torno ao naufraxio do Villa de Pitanxo” – Antón Luaces

13 Xuño 2023

Desde primeiras horas da tarde deste luns , 12 de xuño, permanece atracado no porto de Vigo  o buque Ártabro, da empresa ACSM Shipping, que inspeccionou en augas de Terranova e a 750 metros de profundidade, o pecio do pesqueiro de Marín Villa de Pitanxo, afundido na zona de busca na mencida do 15 de febreiro do ano pasado. No afundimento, como xa é coñecido, morreron 21 dos seus 24 tripulantes, permanecendo desaparecidos 12 dos 21 finados. O labor de busca e filmación por parte dos especialistas do Ártabros non aportou, que se saiba, ningunha novidade a respecto do acontecido aquel 15 de febreiro de 2022, pero deixa en evidencia as escusas da casa armadora e , obviamente, do patrón do pesqueiro e do mariñeiro, sobriño deste, que corroborou o declarado polo propio patrón. Este figura como imputado na causa aberta por esta traxedia.

As imaxes gravadas polo Ártabros do pecio do arrastreiro marinense, non aportan nada novo sobre os mariñeiros desaparecidos, algo que xa era previsible: desde un principio barallábase a posibilidade de que os corpos dos desaparecidos permaneceran nos camarotes, nos corredores do buque e mesmo na sala de máquinas deste dadas as condicións de mar e vento que se abatían sobre o Pitanxo e as dificultades lóxicas para o abandono de buque. O rov empregado para a filmación moi probablemente tampouco tería moitas posibilidades de se adentrar no interior do barco, de aquí que as imaxes tampouco expliciten -en teoría- como está o interior do arrastreiro do Grupo Nores.

Agora serán as autoridades xudiciais e os integrantes da Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM) as que determinen o valor do filmado e se da posición de cabos e copo do aparello pode determinarse que foi o que realmente levou a ese desgraciado final de 21 homes e si o declarado no seu momento polo patrón do Pitanxo, Juan Padín, e o seu sobriño, Eduardo Rial, xustifica o ocorrido aquela noite, ou ben hai que dar credibilidade ao declarado polo mariñeiro Samuel Kwfie que, en boa medida, resulta contraditorio co apuntado polos dous primeiros. No aire quedan as posibles neglixencias denunciadas polo mariñeiro ghanés, ás que se aferran con todas as forzas os familiares dos tripulantes finados.

Unha revisión a fondo do material gravado pode ser de vital importancia para a CIAIM. Mesmo o estado da cuberta e o parque de pesca, así como o fondo mariño no que repousa o Villa de Pitanxo. Todo isto condicionado polo xa longo tempo pasado desde que se rexistrara o afundimento e as correntes que afectan ao pecio desde aquel 15 de febreiro de 2022.  

Outros artigos

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

+

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

+

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

Una encuesta reciente de IMOP-Insights pregunta por el estado de ánimo ciudadano yrevela que la tristeza es la emoción predominante entre los españoles ante una situaciónpolítica convulsa. “Una España entristecida, desengañada y hastiada de sus dirigentespolíticos”,...

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.