“Casoiros”. Xulio Xiz

10 Xuño 2023

Para unir persoas hai dúas fórmulas, mesmo complementarias: pola Igrexa ou polo civil. Pola Igrexa, deben ser home e muller os contraíntes, mentras que polo civil a fórmula é máis variada tendo o límite no concello de Cadiz onde Kichi casou dous cans. O matrimonio pola Igrexa é “ata que a morte os separe”, o civil “mentras o corpo aguante” e ninguén se escandaliza por quen se xunte con quen.

En política matrimóniase por conveniencia ou amor asinando un pacto, sen límite de número, carácter ou confesión dos contraíntes, que pode resultar firme coma rocha ou ser arrasado por un simple ventarrón. Se fosen casoiros relixiosos, non poderían ter fin sen benzón postreira. Ao ser civís, non hai cancelas. Poden casar esquerdas con esquerdas, dereitas con dereitas, centros con centros, e toda a gama de mesturas, agás dereitas cos de máis á dereita, segundo as esquerdas.

Pola esquerda son bos partidos as esquerdas nacional ou nacionalistas, constitucionalistas con rupturistas, pacíficos con exviolentos… Pola dereita, máis temores que reticencias por se as esquerdas lles chaman “fachas”, esa palabra que Orwell recomendaba usar con circunspección.

Sempre escoitei que nun matrimonio ninguén se debe meter, a menos que haxa violencia. Ninguén se mete cos casoiros da esquerda. Deixen casar ás dereitas – é ben simplista a dicotomía -, que os votantes sempre teñen razón, e cada quen pode facer da súa capa un saio, con tal que non salpique.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...