“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

13 Xuño 2023

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha bolsa con alimentos básicos para quince días. Este é un de tantos comentarios que escoito pola rúa, a certas persoas que nunca quixeron saber máis nada que mirar por eles mesmos e as súas propias familias, e por se fose pouco logo, case sempre, culpabilizan diso a algunha persoa pertencente a entidades benéficas.

Persoalmente non poño en dúbida de que poida haber algunha deficiencia, excesiva burocracia ou protocolos insuficientes sobre o control na repartición de alimentos ou outro tipo de axudas de emerxencia social. Pero podo afirmar categoricamente que non hai ningún tipo de racismo ou favoritismo por unha ou outra persoa ou colectivo, cónstame que é arduo e complicado o traballo desinteresado, altruísta e de carácter voluntario que realizan a maioría das persoas que forman parte destas entidades benéficas para paliar, no posible e a través da caridade e a solidariedade, o sufrimento material, e en moitos casos espiritual, de centenares de persoas que non chegan a fin de mes ou carecen absolutamente de calquera tipo de recurso económico.

Eu propoñeríalles, a estas persoas, que lanzan este tipo de trolas ou críticas infundadas, nada construtivas, que dedicasen unha parte do seu tempo de lecer (moitas delas teñen demasiado), a colaborar con esas ONG para que constaten a pura realidade, con coñecemento de causa, e de paso poderían axudar aos seus veciños, sen darlles as costas, como sucede en demasiadas ocasións.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.