Boiro, Carnota, Dodro, Outes, A Pobra, Rianxo e Ribeira acollerán actuacións do Festival Atlántica

13 Xuño 2023

O Festival Atlántica, a cita internacional de narración oral, vai volver celebrarse nos concellos do Barbanza. Así o confirmaron este martes 13 de xuño os participantes na presentación na presentación da XI edición do Festival Atlántica, que conta co apoio da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. As funcións desenvolveranse en lugares ao aire libre e de “especial interese patrimonial” de 24 localidades de toda Galicia. Na presentación participaron (amais de representantes institucionais e das diferentes localidades que acubillan a programación) a directora do festival, Soledad Felloza, o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, quen felicitou á organización “por ter convertido nos seus máis de dez anos de vida esta cita en todo un referente da narración oral e internacionalizando esta tradición”.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participará na presentación do Festival Atlántica. foto xoán crespo

En total celebraranse 42 espectáculos que chegarán a 24 sedes repartidas polas catro provincias galegas e representaranse máis de 80 funcións.

Este ano participan en Atlántica os concellos da Coruña, Alfoz, Boiro, Brión, Carnota, Castro de Rei, Cuntis, Chantada, Dodro, Ferrol, Mondoñedo, Mugardos, Outes, Ourense, Paderne, A Pobra de Trives, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, A Estrada, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Teo e Vigo. A esta listaxe cómpre engadir a devandita sede portuguesa de Pitões das Júnias, en Montalegre.

Ademais, os contos do festival volverán soar en lugares emblemáticos do patrimonio galego: o Castelo de Castrodouro en Alfoz, o Centro de Interpretación de Cadoval en Mugardos, o Pazo de Goiáns de Boiro ou nos castros de Castrolandín en Cuntis ou de Viladonga en Castro de Rei, entre outros. Tamén en lugares tradicionais de traballo, como a eira de Traxeito en Dodro, os lavadoiros de Penisqueira en Ribeira e o de Bendimón en Outes, a Carpintería de Ribeira en Broña (Estaleiro de Ciprián) así como carballeiras, campos da festa ou muíños. A programación está dispoñíbel na web do festival.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.