Boiro acolle a edición XIV do Torneo de Fútbol Base –Abanqueiro SD

08 Xuño 2023

O Concello de Boiro colabora coa Escola de Fútbol Municipal de Boiro para o desenvolvemento do XIV Torneo de Fútbol Base Abanqueiro SD – Trofeo Concello de Boiro. Na presentación da actividade estiveron o alcalde, José Ramón Romero; a concelleira de Deportes, Dores Torrado; e o
directivo da EFM, Julio García.
O torneo divídese en catro categorías: biberón, prebenxamin, benxamin e alevín e vaise desenvolver os días 10 e 11 de xuño e 17 e 18 de xuño nos campos de Vista Alegre. O alcalde, José Ramón Romero,
agradeceu o traballo da directiva das escolas de fútbol na organización deste torneo “de referencia polo seu alto nivel e que supón un impulso para o comercio e a economía do noso concello”.
O sábado 10 de xuño terá lugar a fase previa de alevín, benxamín e prebenxamin; o domingo 11 as fases finais de prebenxamin e biberón; o sábado 17 de xuño, a fase final de benxamin; e o domingo 18 a fase final de alevin. “Mantense o arraigo e o nivel deportivo deste torneo que foi un dos primeiro de nivel para a promoción do deporte base”, afirmou a concelleira Dores Torrado.
O directivo da EFM, Julio García, anunciou que está previsto que participen máis de 100 equipos de ata 60 clubs distintos e convidou a participar nesta actividade “que ten un gran nivel deportivo e de participación e que permite desfrutar da gran esencia do fútbol, a base”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.